Monday 06 de May de 2024

Nova xornada de atletismo no estadio da Alta neste 30 de abril


O estadio municipal da Alta volve acoller unha nova xornada de atletismo que terá lugar no 30 de abril, dende as 10.00 ata as 13.30 horas.

As probas centraranse no salto de lonxitude e lanzamento de peso nas categorías de benxamín/a, de alevín/a e de infantil, tanto masculino coma feminino.

Organiza a Secretaría Xeral para o Deporte coa colaboración da Federación Galega de Atletismo (FGA), a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal -da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra)- e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.